I Concurso de Cabazas Decoradas

Anpa Escolas Nieto organiza o I concurso de cabazas decoradas para celebrar o Samaín.

  1. Poderán participar todos os alumnos e alumnas do colexio.

  2. As cabazas poderán ser naturais ou non, poderanse empregar todo tipo de materiais e a caracterización é totalmente libre.

  3. O prazo de entrega será ata o venres 27 de outubro.

  4. Cada cabaza deberá levar escrito por debaixo o nome, apelidos e curso do alumno. Trala recepción da mesma, a cada unha asignaráselle un número co que participará no concurso.

  5. En Educación Infantil será premiada a cabaza máis votada polos alumnos de 3, 4 e 5 anos.

  6. Os alumnos de Primaria e Secundaria competirán nas categorías de “cabaza máis orixinal” e “cabaza máis terrorífica”.

  7. O luns 30 de outubro serán as votacións para escoller as cabazas gañadoras e o reconto de votos e a entrega de premios en público será o martes 31 de outubro durante a festa do Samaín. No caso de que haxa un empate, os membros da ANPA elixirán a cabaza gañadora.

  8. A cada participante daráselle un obsequio e os gañadores recibirán o premio correspondente e un diploma.

  9. Cada neno levará a súa cabaza unha vez rematado o concurso.

  10. Os participantes aceptan a difusión das imaxes das cabazas participantes para dar a coñecer a actividade realizada.

 

¡ÁNIMO E A PARTICIPAR!

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s