Acción voluntaria na escola

Para o curso 2018-2019 a nosa escola quere dar continuidade e aumentar, si é posible, unha das accións más interesantes desenroladas dentro do proxecto educativo do centro: a acción voluntaria.

A idea consiste en que persoas relacionadas co centro (pais, nais, outros familiares, antigos alumnos, etc.), participen durante parte das clases nos traballos desenrolados nas aulas, axudando ós alumnos da escola nas súas tarefas educativas diarias. Calquera pode participar: non é necesario ser profesor, non é necesario ter grandes coñecementos das materias e asignaturas, non é necesario ser un experto nunha materia concreta. Todos somos benvidos, todos podemos aportar o noso tempo e o noso esforzo en colaborar cos alumnos e os profesores facendo das clases unha actividade especial.

Para participar no programa de acción voluntaria simplemente hai que acudir á escola, rexistrarse no listado de voluntarios, e indicar as horas e días nos que se pode acudir. O centro ponse en contacto co voluntario, acordan un día, e desenrolan a actividade xunto cos alumnos e o profesor.

A acción voluntaria é unha magnífica oportunidade de traballar directamente cos vosos fillos e fillas, e cos seus compañeiros, é un xeito de participar directamente na súa educación e de colaborar a facer de algunhas clases unha experiencia inolvidable.

Aquí van algunhas respostas ás dúbidas que podedes ter sobre a acción voluntaria.

 

¿Cando me podo anotar?

Nos podemos rexistrar no listado de acción voluntaria en calquera momento do curso, entre setembor e xuño. Lóxicamente, cando antes o fagamos máis fácil será atopar un día no que podamos realizar a actividade.

¿Cal vai ser a miña tarefa na aula?

Os voluntarios non estamos para dar clase nin impartir coñecementos ós alumnos. Para iso está a profesora, que dará a clase de xeito normal. O traballo do voluntario é mediar entre os alumnos e dirixir o traballo que fan, axudando a que participen por igual todos os nenos e nenas e axudándolles a organizar as tarefas da clase.

¿Qué pasa se o día que tiñamos acordado non podo ir?

Non hai ningún problema. A accion voluntaria é iso, voluntaria. Se chegado o día tes algún outro compromiso ou simplemente non te apetece ir, simplemente avisa e xa está. Lóxicamente o centro agarda un mínimo de compromiso e de responsabilidade, pero non estamos obligados a ir.

O centro avisa con tempo dabondo para poder organizar o noso traballo habitual e acordar un día e unha hora na que podamos acudir sin problema.

¿Canto tempo me levará a acción voluntaria?

O traballo de acción voluntaria ten lugar en horas de clase, e realízase en 1 hora lectiva. Así que o tempo máximo que te levará é a hora de clase máis o tempo de desplazamento ata Escolas Nieto.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s