I Concurso de Instagram da ANPA Escolas Nieto

 

Anpa Escolas Nieto organiza o I concurso de Instagram para celebrar o Samaín.

  1. Poderán participar os alumnos e alumnas de secundaria do colexio.
  2. Cada participante poderá publicar un só vídeo con temática Samaín. No caso de publicar máis dun vídeo cos hashtags indicados só participará a última entrada publicada.
  3. Os concursantes deberán seguir a @anpaescolasnieto
  4. Os vídeos deberán ser posteados na súa propia conta de Instagram cos hashtags #samaín2018 #ANPAescolasNieto.
  5. Competirán nas categorías de “máis popular” e “mellor vídeo”.
  6. O prazo de entrega será dende o día da convocatoria ata o domingo 28 de outubro as 22:00 momento no que se contabilizarán os “me gusta” para a categoría de “máis popular”.
  7. Comunicaranse os gañadores o día 30 de Outubro cun comentario na publicación.
  8. Para a categoría “mellor vídeo” o gañador será elixido por un xurado formado por un profesor de audiovisual, un alumno que non participe no concurso, un pai e un membro da ANPA.
  9. O mércores 31 de outubro entregaranse os premios de ambas categorías en público durante a festa do Samaín.
  10. A xunta directiva da ANPA deberá identificar de maneira inequívoca aos propietarios das contas gañadoras para poder entregar os premios das dúas categorías.

Os premios serán: Para categoría “máis popular” un vale para a libraría  BANDA DESEÑADA COMIC. Para a categoría “mellor vídeo”  un vale para AMAZON.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s